Sologres é unha empresa situada en Tui (Pontevedra), que conta cunha longa traxectoria de máis de 100 anos no mundo da cerámica.
O respecto pola tradición e a experiencia acumulada ao longo de todos estes anos, unido á renovación dos procesos e o uso de tecnoloxía punta xunto cun forte compromiso co medio ambiente, conflúen na fabricación de gres extrusionado natural, ao que actualmente dedicamos toda a nosa produción. Neste produto conxúgase a harmonía entre a estética tradicional, as súas altas prestacións técnicas e o conforto actual.
O estrito proceso de elección de materias primas, unido ao seguimento exhaustivo dos procesos de fabricación e controis de calidade, fan do noso gres un produto destonificado con excelente calidade e gran beleza, con signo de distinción propio.
O noso amplo catálogo de pezas especiais e decorativas ofrece todo tipo de solucións construtivas para crear ambientes cálidos e acolledores, permitindo personalizar calquera proxecto.
A calidade do noso gres, unido á gran resistencia que lle aporta a cocción a altas temperaturas, fan de Sologres un produto idóneo tanto para exteriores como para interiores, soportando todo tipo de condicións climatolóxicas e con inmellorables resultados baixo uso intensivo.